HomeEconomíaEmpresarios e CCA Ribeira Sacra de Chantada renovan convenio con Abanca

Empresarios e CCA Ribeira Sacra de Chantada renovan convenio con Abanca

O acordo permitirá vantaxes na formalización de créditos para os comercios asociados e o acceso a produtos e servizos que contribúan a mellorar a súa competitividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

ABANCA e a Asociación de Empresarios de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra veñen de renovar un acordo de colaboración para apoiar o mantemento e crecemento do comercio local, un dos sectores máis castigados pola pandemia en Galicia.

O convenio foi asinado días atrás polo presidente da entidade, Néstor Quiroga, e o coordinador de Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez.

FINANCIAMENTO E APOIO AO INVESTIMENTO

No texto recóllense un plan de financiamento que responde de forma íntegra ás necesidades das empresas e comercios asociados, pero tamén unha serie de produtos e servizos que fan posible tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade dos negocios.

Os empresarios do municipio contarán con produtos deseñados de forma específica, como préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

O comercio asociado contará con produtos e servizos á súa disposición, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring; e no convenio tamén se contempla financiamento oficial dos programas do ICO e as SGR galegas.

A entidade bancaria inclúe así mesmo, o ‘Programa Cero Comisións de Abanca’, para determinadas operacions bancarias, avantaxes para o desenvolvemento da banca electrónica: o Bróker Online, ABANCA Pay e o servizo Appúntame, e os sistemas de TPVs físicos e virtuais. Estes últimos de especial relevancia nos últimos tempos, nos que a distancia social é imprescindible e o comercio online está en pleno auxe.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...