HomeCulturaCastro Caldelas presenta “Un castelo no Camiño Augas Sacras”

Castro Caldelas presenta “Un castelo no Camiño Augas Sacras”

Daranse a coñecer unha serie de actividades incluídas dentro do programa “O Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia e o acto servirá tamén para presentar a agrupación de municipios que reivindican esta nova vía de peregrinación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 3 de abril ás 12:00 h. será o acto oficial de presentación do ciclo cultural “Un Castelo no Camiño Augas Sacras”. Terá lugar na rúa de acceso ao Castelo e presentarase o programa de actividades ao público con actores vestidos de época. De abril a setembro haberá exposicións, roteiros, xogos, visitas teatralizadas e feiras de produtos locais.

Esta programación impulsada polo Concello de Castro Caldelas enmárcase tamén no programa “O Teu Xacobeo” que promove a Xunta de Galicia para poñer en valor o ano xacobeo por toda a xeografía galega.

No mesmo acto terá lugar a presentación oficial da ‘agrupación de municipios Camiño de Augas Sacras’ que ten como obxectivo investigar, protexer e divulgar unha vía de peregrinación que unía os concellos de Sober, Larouco, Teixeira, Petín, Trives, Monforte, Castro Caldelas e San Xoán de Río.

REAPERTURA DO CASTELO

O Castelo de Castro Caldelas abriu as súas portas o pasado 29 de marzo, tras varios meses pechado para realizar obras de mellora na accesibilidade e licitar a nova concesión.

Para festexar a reapertura, este mesmo 3 de abril ás 19:30 h. terá lugar o espectáculo “Suaren Batalia”, unha actuación que combina diferentes técnicas de lume, interpretación, danza e aéreos. Cumpriranse as normas de obrigatoriedade de máscara, aforo e distancia marcadas polas autoridades sanitarias.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...