HomesociedadeFalta de coordinación e mal estado da pista de Doade no incendio...

Falta de coordinación e mal estado da pista de Doade no incendio do 31 de marzo en Marcelle?

O 31 de marzo produciuse un incendio forestal na parroquia monfortina de Marcelle, que queimou algunhas hectárenas de piñeiral en Doade. O lume iniciouse pouco antes das dúas da tarde e foi estabilizado cara as sete e media dese mesmo día, téndose queimado unhas trinta hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal de Agroma Sober presenta un rogo ante o Pleno do concello en relación ao incendio de Doade que se iniciaba en Marcelle o pasado 31 de marzo.

Na nota de prensa sobre o incendio, a Consellería de Medio Rural informa que traballaron nas tarefas de extinción “1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións”, pero desde Agroma Sober sinalan que na maior parte da tarde no incendio non había tantos medios nin coordinación.

Lembran que, tal como recoñece a propia Consellería, “durante as tarefas de extinción, un avión de carga en terra sufriu un rebentón nunha roda mentres se dispoñía a respostar auga na base de Doade”. Feito que impediu que este avión estivera operativo e inutilizou a pista de Doade, ao non haber medios para apartalo e arranxalo noutro sitio, deixando a pista libre.

Desde Agroma Sober insisten en que os rebentóns de rodas dunha nave na pista da base contraincendios de Doade suceden máis habitualente do que deberan ao ter un tramo sen asfaltar. “Tendo dúas bases contraincendios ben perto, a de Doade e a do Marroxo, resulta desesperante que, segundo nos refiren testemuñas, tardaran en chegar medios, avanzando moi rápido o lume, tanto que chegou á trintena de hectáreas,” lamentan desde Agroma Sober.

Consideran que o Concello de Sober debe esixir á Consellería de Medio Rural unha aclaración sobre os detalles do dispositivo neste incendio declarado na parroquia de Marcelle o 31 de marzo de 2021 e que urxa a poñer a pista de Doade coas mellores condicións e medios para afrontar os incendios. Demandas que plantexan nun rogo.

ÚLTIMAS

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...