HomeSucesosImputan oito roubos en Monforte a un home en prisión por outros...

Imputan oito roubos en Monforte a un home en prisión por outros 86 delitos

O seu 'modus operandi' consistía en acudir aos locais polo día para comprobar as medidas de seguridade e logo asaltalos pola noite.

Publicado o

- Advertisement -

As investigacións desenvolvidas por axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) permitiron imputarlle a un cidadán romanés de 38 anos de idade, que se atopa en prisión por outros delitos, un total de oito roubos con forza perpetrados na localidade de Monforte de Lemos.

O investigado, que foi detido pola Garda Civil cando foi sorprendido ‘in fraganti’ durante un roubo, está actualmente en prisión por perpetrar 86 roubos con forza nas provincias de León, Zamora, A Coruña e Lugo.

A identificación do suposto autor deses oito roubos en Monforte foi posible tras unha longa investigación por parte dos axentes da Comisaría local que, tras tres roubos con forza perpetrados en locais comerciais da localidade, cun botín que superou os 2.000 euros, puxéronse en contacto coa Garda Civil para coordinar as pescudas, dado que na súa demarcación estaban a producirse delitos similares.

Froito desa colaboración, ambos os corpos lograron situar un mesmo terminal telefónico en todos os roubos e, a posterior investigación dos policías de Monforte, cun “seguimento incansable a través das redes sociais”b, permitiu a identificación do suposto ladrón.

Para determinar a identidade do sospeitoso, tamén se solicitou a colaboración das autoridades romanesas, que “en todo momento” prestaron a súa axuda para esclarecer o caso, aclara a Policía Nacional nun comunicado.

Ao sospeitoso impútanselle oito roubos cometidos en Monforte desde mediados de 2019 ata 2020, sempre co mesmo modus operandi, dado que acudía aos establecementos de día – durante o horario de apertura- para comprobar as medidas de seguridade, e logo asaltábaos pola noite. O botín deses roubos superou os 6.000 euros.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...