HomeTerra de LemosBóvedaO mel galego xa está en China

O mel galego xa está en China

Publicado o

- Advertisement -

Mieles Anta, a maior empresa galega do sector, exporta fóra de España o 80% da súa produción.

O mel galego xa se atopa no difícil mercado chino desde finais do pasado ano e as perspectivas son que as exportacións sigan crecendo este ano. Tamén se consolidou a súa venta nos Estados Unidos, moi apreciado pola súa calidade. Así o confirmou David Corral, fundador de Mieles Anta,a  primeira empresa exportadora de mel de Galicia.

Actividades de apicultura e extracción do mel en Galicia

“Actualmente en torno ao 35% do mel que comercializamos é ecolóxico, e exportamos fóra de España o 80%, pero trátase dun mercado en expansión polo que temos que aumentar a produción”, salientou.

Esta empresa, con sede en Bóveda (Lugo) e con marcas tan recoñecidas no mercado como Pazo de Lusío, Mel da Anta e Toca, é neste momento o principal produtor e exportador de mel de Galicia.

Así, pecharon o 2015 con máis de 500.000 quilos de mel comercializados, boa parte producido polas súas máis de 10.000 colmeas, repartidas por toda Galicia, pero fundamentalmente no Courel, onde a riqueza da flora silvestre lle confiren unhas características únicas ao seu mel. Boa proba disto é que no 2015 a Organización de Consumidores e Usuarios elixiu a Mel da Anta como o mellor mel de España.

Mieles Anta, que rematou o 2016 cunhas vendas de máis de 2 millóns de euros e con 20 persoas en plantilla, celebrou este venres un acto para conmemorar o seu 25 aniversario e homenaxear ao seu fundador, David Corral.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...