HomeEconomíaCal é o futuro do cuartel da Garda Civil da Pobra do...

Cal é o futuro do cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón?

Un centro multifuncional con albergue, restaurante, zona de acampada interior, sala de exposicións e centro de artesanía.

Publicado o

- Advertisement -

O equipo de goberno da Pobra do Brollón quere converter o cuartel da Garda Civil nun centro multifuncional que ofreza novos servizos a veciños e visitantes. O alcalde, Xosé Lois Maceda, xa solicitara ao anterior Subdelegado do Goberno en Lugo iniciar os trámites correpondentes para conseguir a cesión ao concello destas instalacións e agora trasládalle a petición á nova Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.

Segundo o alcalde o concello cada vez recibe máis turistas e precísanse dotacións para darlles servizos, ademais a Pobra do Brollón é paso do Camiño de Inverno, ruta que cada vez conta con máis peregrinos que precisan de albergues e outras instalacións. O cuartel da Garda Civil pode ser a  mellor opción, segundo o concello. Isabel Rodríguez comprometeuse a ver cómo estaban as xestións para a cesión e a axilizar os trámites.

Alcalde da Pobra do Brollón coa Subdelegada do Goberno / Concello da Pobra do Brollón

A visita da Subdelegada do Goberno tamén foi aproveitada polo alcalde da Pobra do Brollón para solicitarlle que se retome a vixiancia nos montes do municipio con patrullas a cabalo da Garda Civil. Para o rexedor local este labor que antes desenvolvía a Garda Civil funcionaba moi ben para disuadir á xente de atentar contra o monte e considera que retomalo podería ser moi beneficioso, sobre todo na prevención de incendios.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...