O colectivo que asocia a parte do comercio, empresarios e autónomos no Concello de Sarria prepararon unha nova acción comercial aproveitando a xa próxima data do Día da Nai.
Para iso prepararon unha campaña na que, segundo refiren, “as nais serán as protagonistas no noso comercio e hostalaría”. Un día para ti! é o nome da campaña.
Ata o 2 de maio as compras nos establecementos asociados dan a oportunidade de premiar a unha nai cun día dedicado para ela. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a CCU-ACES, cubrindo os datos dunha mamá (pode ser a mesma compradora, incluso).
O mércores día 5 de maio ás 14:00 h. procederase ao sorteo dun día especial para a nai premiada. A premiada gozará dun tratamento de beleza, masaxe, perruquería, sesión de compras, picoteo en familia… e moito máis.