HomeSucesosFerido un camioneiro ao envorcar na N-120, en Pantón

Ferido un camioneiro ao envorcar na N-120, en Pantón

Foi necesaria a presenza dos Bombeiros de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Un camioneiro resultou ferido na tarde deste martes en Pantón tras saír da vía e envorcar o vehículo co que circulaba.

Para prestar asistencia ao condutor foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Monforte de Lemos que, aínda que descartaron o emprego do material de excarceración para liberar ao ferido, ao atoparse accesible, colaboraron cos profesionais sanitarios para introducilo na ambulancia.

Segundo informa o 112, o accidente tivo lugar no punto quilométrico 543,5 da N-120, ao fío das 17,30 horas. Varios particulares contactaron para dar conta do sinistro.

O CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...