HomeCulturaO IES A Pinguela dedícalle á Olga Novo a súa biblioteca escolar

O IES A Pinguela dedícalle á Olga Novo a súa biblioteca escolar

No IES A Pinguela houbo un pequeno acto polo Día do Libro para poñerlle á Biblioteca do centro o nome da profesora, Olga Novo, e descubrir unha placa co seu nome.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A escritora da Pobra do Brollón é ademais profesora, doutora de Filoloxía Galega e ensaísta. Despois da retirada da cortina que cubría a placa co seu nome, Olga Novo leu o poema, “Aprendizaxe”, adicado ó seu alumnado de 2º BAC B presente no acto. Rematouse o acto co profesor de música, Vicente Castro Alonso, que interpretou ó piano a peza “Un recuerdo” de Marcial del Adalid.

A poesía galega leva case desde que Olga era unha nena téndoa como un
referente importante (recibiu, entre outros, os Premios da Crítica Española
e Galega), pero neste curso vén de pasar á historia da Literatura ó lograr,
merecidamente, o Premio Nacional de Poesía  do Ministerio de Cultura polo seu último libro “Feliz Idade”, un relato vitalista que celebra o amor e a
existencia máis aló do tempo, segundo o fallo.

O centro agradece á poeta que aceptase asociar o seu nome ó instituto,
máis aló do tempo e aseguran que é unha honra tela no cadro de profesores do IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...