HomesociedadeEnsairanse medidas de contención da fauna na vía de altas prestacións Lugo-Monforte

Ensairanse medidas de contención da fauna na vía de altas prestacións Lugo-Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade instalará medidas de contención da fauna en dous quilómetros da vía de altas prestacións CG-2.2 Lugo-Monforte de Lemos ao seu paso polo municipio do Corgo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta vén de publicar a licitación do contrato da obra, que conta cun orzamento de 187.600 euros e que servirá como experiencia piloto para comprobar a efectividade da intervención.

O ensaio realizarase entre os puntos quilométricos 9 e 11 da vía de altas prestacións, e pretende evitar a sinistralidade debida ao acceso de animais á calzada, especialmente os xabarís, que son os que provocan a maior parte dos accidentes.

Instalarase un novo peche de seguridade de malla de 1,50 metros de altura sobre o terreo para a contención de animais domésticos e fauna salvaxe, como os corzos, e adaptación ao chan cunha tensión do valado superior aos 1.000 quilos de arrastre para a contención dos xabarís.

Nos ramais de enlace -onde se interrompe o valado de malla- colocaranse os chamados pasos canadenses, que consisten nunha abertura transversal na estrada cuberta por unha reixa metálica que os animais recean de atravesar por temor a pisar nun chan no que perciben profundidade. Con antelación a estes pasos antifauna incorporaranse redutores de velocidade e bandas transversais de alerta para a seguridade do tráfico.

Co fin de facilitar a saída dos animais que consigan entrar na plataforma, instalaranse varios sistemas de escape, como ramplas consistentes en puntos de acumulación de materiais nas marxes pola parte interior da calzada ata alcanzar a altura da malla, para que poidan ascender e saltar cara ao exterior. As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o vindeiro día 24 de maio para presentar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...