HomesociedadeAs obras do Xeocamping de Ribas de Sil collen velocidade

As obras do Xeocamping de Ribas de Sil collen velocidade

A pandemia retrasou os prazos para a súa apertura feito que se está aproveitando agora para ampliar as instalacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo comunican do Concello de Ribas de Sil “continúan a bo ritmo as obras de ampliación do edificio de servizos do Xeocamping”.

Por mor da pandemia a apertura das instalacións non será posible nos prazos previstos inicialmente pero o concello está aproveitando agora para axilizar as obras e ao mesmo tempo ampliar o número de prazas para acampada.

Deste xeito, afirma o Goberno local, “se o futuro adxudicatario o precisa, poderá empregar o terreo de expansión de 2000 metros cadrados adicionais que hai dentro da parcela”.

As obras acometidas permitirán a montaxe de grandes tendas de campaña para acoller campamentos da Xunta de rapaces que veñan coñecer o Xeoparque ou a Ribeira Sacra, ou que peregrinen polo Camiño de Inverno. Haberá oito duchas e seis sanitarios máis, así como un cuarto de lavandería, cuarto de servizos para o camping e almacén para gardar o equipamento de xardinería para o mantemento das instalacións.

Roberto Castro supervisando as obras. Foto: Concello de Ribas de Sil

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...