HomesociedadeCaurelor e Airas Moniz protagonistas en 'Aquí la tierra' de TVE

Caurelor e Airas Moniz protagonistas en ‘Aquí la tierra’ de TVE

Estas dúas empresas, da Comarca de Quiroga e Chantada respectivamente, foron visitadas polo equipo deste programa para falar da súa actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un dos obxectivos das reportaxes deste programa divulgativo de televisión é promover o consumo e a alimentación saúdables, misión que levan a cabo percorrendo a xeografía nacional amosando a súa natureza, clima e gastronomía a través do traballo de agricultores e produtores.

O pasado 27 de abril, dentro do mesmo programa, saíron as visitas a Caurelor e Airas Moniz, dous proxectos agroalimentarios asentados no rural. Caurelor desenvolve a a súa actividade na Comarca de Quiroga e Airas Monis na de Chantada.

Foto: Segundo Navaza Blanco

Na reportaxe quiroguesa charlaron con Veronica e Dani, de Caurelor, que explicaron como elaboraban as súas marmeladas e queixos lembrando tamén as dificultades do minifundismo galego. Xa en Chantada, o reporteiro do programa falou con Suso, da Queixería Airas Moniz, co que se viu o proceso de elaboración de manteiga, neste caso da súa coñecida marca ‘Chantada’.

A reportaxe pódese ver na páxina web de TVE.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...