HomePolíticaPotenciar o turismo e a economía en Taboada, demandas dos socialistas

Potenciar o turismo e a economía en Taboada, demandas dos socialistas

Aprobadas por unanimidade dúas mocións presentadas polo PSOE no concello de Taboada. Unha para potenciar o turismo no concello e outra para ser candidatos aos fondos europeos Next Generation de emprendemento rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na moción sobre turismo os socialistas demandan unha solución aos problemas existentes coa titularidade, uso e adxudicación do complexo náutico e do albergue de Ponte Mourulle, así como da súa praia fluvial. Solicitan a limpeza e a promoción das rutas xa marcadas pola Xunta de Galicia; estudo, elaboración e marcado de rutas de sendeirismo na contorna do club náutico, así como noutras zonas do concello.

Solicitan un estudo da situación do Camiño Santo, e reclamación do seu paso polo noso Concello e unha campaña de publicidade e potenciación dos recursos turísticos do concello, o adecentamento dos miradoiros e a creación doutros, integrándoos na rede de miradoiros da Ribeira Sacra.

O voceiro socialista, Roi Rigueira, sinala que “a moción foi aprobada por unanimidade, e resúltanos moi curioso que xusto ao día seguinte da celebración do pleno o Concello anuncie obras e melloras nos accesos ao Penedo do Cuco, construción dun miradoiro, así como o equipamento para o Clube Náutico. Por iso, insistimos, imos a seguir pelexando para colocar o noso Concello onde lle corresponde”.

PSOE Taboada

Na outra moción solicitaban participar dos fondos europeos Next Generation que teñen como obxectivo a reactivación da economía post pandemia, e están destinados a potenciar o rural e a promocionar novas alternativas económicas e empresariais que permitan a fixación de poboación e a creación de emprego no rural . “Instamos ao Concello a presentar ante a Xunta de Galicia a candidatura de Taboada para ser un dos 12 centros de emprendemento rural. Queremos vivir e traballar no rural.”

Dende a Agrupación Socialista de Taboada tamén reclaman o arranxo dunha pista que baixa ás ribeiras na parroquia de Xián, “por atoparse en tan lamentable estado que supón un grave perigo para a xente o feito de ir aos seus viñedos”. Interesados pola saída a concurso do bar da Casa de Cultura e do Club Náutico, “informóusenos de que van saír a concurso ambas instalacións xuntas, aínda que nós cremos que para o caso particular do Clube Náutico xa se vai tarde”, sinala Roi Rigueira.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...