HomeMedio ambiente e PatrimonioFinaliza a restauración da igrexa de San Martiño de Lousada en Samos

Finaliza a restauración da igrexa de San Martiño de Lousada en Samos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade finalizou as obras de restauración da igrexa de San Martiño de Lousada, en Samos, tras investir preto de 200.000 euros nos traballos, executados durante os últimos seis meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto técnico contemplou a mellora da accesibilidade nos espazos exteriores do adro; a renovación da cuberta, conservando a tipoloxía e o material -madeira de castiñeiro e lousa-; así como a restauración do campanario e os sinos.

Tamén se procedeu á consolidación das fábricas, tanto de muros como de arcos, para devolver a correcta funcionalidade estrutural ao inmoble; cambiáronse as instalacións eléctrica e de iluminación e acometéronse as actuacións precisas para mellorar o illamento.

A actuación serviu para corrixir deficiencias e evitar o deterioro do templo. Executouse a través dun convenio de colaboración coa Diócese de Lugo, que inclúe a restauración de diferentes inmobles eclesiásticos da provincia.

A igrexa de San Martiño de Lousada é un ben catalogado protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no Inventario das Normas Subsidiarias Provinciais de 1991. É un edificio de orixe románica, de volume sinxelo e pouca ornamentación. No interior consérvase unha pía bautismal de granito, con conca e pilastra, así como restos de pinturas murais de carácter popular nos arcos.

ÚLTIMAS

A información pública a solicitude das autorizacións administrativas do proxecto de baterías “Bess Belesar” que prevé a creación dunha faixa cortalumes ante o risco...

A instalación dunha planta de almacenamento de enerxía mediante baterías denominada 'Bess Belesar', en...

Carude festexa o ‘Octoberfest’

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa...

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...