HomesociedadeITV agrícola en Folgoso do Courel o 11 e 12 de maio

ITV agrícola en Folgoso do Courel o 11 e 12 de maio

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Folgoso do Courel no mes de maio e non volverá ata o 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ITV móbil estará no antigo Colexio de Folgoso do Courel o día 11 de maio dende as 09:00 ás 13:30 horas e na área recreativa de Piñeira o día 12 dende as 09:00 ata ás 13:30 horas.

Aqueles que no ano 2020 pasaran a inspección en setembro deberán acudir tamén nestas datas, xa que a unidade móbil non visitará o Concello ata o ano 2022.

Pódese solicitar cita previa por teléfono ou por internet, chamando ao número de teléfono 902309000 ou través da páxina web: www.sycitv.com.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...