HomePolíticaProliferan as ratas en Monforte pola falta de salubridade dos regatos?

Proliferan as ratas en Monforte pola falta de salubridade dos regatos?

O Partido Popular de Monforte alerta de que a falta de limpeza dos regatos urbanos por parte do Concello provoca un problema de salubridade e a proliferación de ratas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, adianta que alertados polos veciños presentarán unha iniciativa no pleno deste mes, co fin de que o goberno local inicie os trámites correspondentes para sanear estas regueiras, As Mallodas, río Seco e Zapardiel.

Os populares monfortinos aseguran que xa se dirixiron en distintas ocasións ao alcalde socialista por este motivo. A finais de 2020 pediron tamén en pleno a roza e saneamento dos mesmos. O obxectivo, di a voceira  popular, “era chegar ao verán con estes afluentes en boas condicións e evitar esta imaxe deplorable e insana para os habitantes que viven nas proximidades destes regatos. Á vista queda de que non só non se fixo nada, senón que o desentendemento é manifesto e notable. Non so é limpar o principal río que temos, o Cabe. E tamén desbrozar e manter saneados o resto de regueiras que atravesan o núcleo urbano; algo que ao goberno local parece que se lle esquece”, critica.

Se o concello non toma medidas desde o PP aseguran que o alcalde e o seu equipo serán co-responsables dos problemas que poidan ocasionarse se a maleza continúa medrando nestes regatos.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...