HomesociedadeAxudas para acondicionamento de terrazas a 26 hostaleiros do sur da provincia

Axudas para acondicionamento de terrazas a 26 hostaleiros do sur da provincia

26 establecementos de hostalería das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos benefícianse do programa de axudas para o acondicionamento de terrazas e a compra de elementos de envasado para domicilio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As axudas suman un importe global de 211.200 euros, e supoñen o 80% do orzamento mobilizado polos hostaleiros (preto de 264.000 euros). A maior parte do investimento realizado destinouse á instalación de peches estables ou desmontables así como outros elementos móbiles tales como toldos, biombos, cortaventos, parasoles e tarimas accesibles. En concreto, mobilizáronse para este fin 169.800 euros.

Outros 67.450 euros investíronse na adecuación estética e funcional das terrazas, mediante a renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e de aparatos calefactores exteriores, así como actuacións de mellora da fachada exterior do local. 

Por último, 26.700 euros foron destinados á adquisición de elementos sostibles de envasado e empaquetado de comida e bebidas para o servizo de entrega a domicilio ou de recollida no propio local.

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de ampliar o crédito do segundo Plan de rescate, co que o orzamento inicial de 75 millóns de euros elévase ata os 96 millóns, para dar liquidez a todos os negocios afectados pola pandemia.

A Consellería acomete este incremento orzamentario para dar resposta ao volume de solicitudes presentadas. Con esta nova contía, a Xunta terá mobilizados 182 millóns de euros en axudas directas ao tecido empresarial mediante dous plans de rescate.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...