HomePolíticaO BNG de Taboada contra o parque eólico de Maxal

O BNG de Taboada contra o parque eólico de Maxal

O BNG de Taboada convidou á deputada nacionalista no Parlamento de Galicia, Carme Aira, a coñecer de primeira man a zona onde se proxecta a construción dun novo parque eólico nas proximidades do núcleo de Maxal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concellos afectados por este proxecto son Taboada, Antas de Ulla e Rodeiro. Desde o BNG consideran que este proxecto non deixa de ser unha ampliación encuberta do parque xa existente de “Monte Cabeza” e unha continuación dos asentados na serra do Faro.

A parlamentaria galega, Carme Aira, comprobou “in situ” o impacto que ocasionará a instalación destes nove muíños, que terán o dobre de tamaño que os actualmente existentes e estarán moito máis preto das vivendas e das granxas. Nesta situación o BNG considera que “non se pode demorar máis a actualización das normas a cumprir polas instalacións de parques eólicos e que é imprescindible deixar en suspenso as novas autorizacións ata que se acometa a citada modificación normativa.”     

Insistiu Carme Aira en que “non procede instalar parques por todo o territorio de xeito indiscriminado” e avogou “por un Plan Sectorial Eólico que concite o acordo social e garanta o retorno económico para as persoas e os territorios onde se instalan”.           

Dende o BNG de Taboada, Antón Ledo solicita “que sexa o Plan Sectorial Eólico quen defina onde se poden instalar os parques (situación dos muíños), e como deben ser en función das características da zona (número e tamaño dos muíños), e non as empresas eólicas coma acontece na actualidade.” A maiores reclama “que os impostos e taxas xerados polos parques repercutan obxectivamente no conxunto de concellos claramente afectados, independentemente de onde se localicen os eólicos”.  No caso do Concello de Taboada prevese que se vexa afectado por catro parques eólicos (Maxal, Prado Vello, San Cristobo e As Lúas), só un se asenta na súa totalidade no seu territorio.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...