HomesociedadeO día 12 pola tarde corte no subministro de auga na Praza...

O día 12 pola tarde corte no subministro de auga na Praza de España e rúa Comercio

O Concello informa dun corte no subministro da auga por obras na Praza de España e na rúa Comercio, o vindeiro mércores 12 a partir das 4 da tarde .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro mércores 12 de maio levarase a cabo un corte no subministro de auga que afectará á Praza de España e á rúa Comercio. O motivo do corte de auga,  que corre a cargo da concesionaria Aqualia, é para levar a cabo a substitución dunha válvula avariada na tubaxe de auga.

O corte iniciarase ás 4 da tarde (16:00 horas) e será restablecido en cando rematen os traballos de substitución da citada válvula, nun tempo estimado entre 2 e 3 horas.

Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e rogan desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...