HomesociedadeO Saviñao renova o parque infantil da rúa Xan de Forcados

O Saviñao renova o parque infantil da rúa Xan de Forcados

As actuacións consistirán na colocación de chan acolchado, a substitución dos elementos por outros novos, a instalación dunha tirolina e a construción do peche perimetral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, asinou esta martes, 11 de maio a acta de inicio das obras de renovación dun dos dous parques infantís de Escairón, o situado na rúa Xan de Forcados.

Trala sinatura da acta deron comezo as actuacións que consistirán na colocación dun chan acolchado acorde coa normativa, na substitución dos seus elementos por outros novos, na instalación dunha tirolina e na construción do seu peche perimetral. As obras dispoñen dun prazo de execución de 20 días.

O alcalde destaca que se trata dun “investimento importante” que suporá a mellora destas instalacións públicas que “estarán axiña dispoñibles para o seu uso por parte dos máis pequenos do municipio”.  Concretamente, esta actuación conta cun investimento de 102.218 euros

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...