HomesociedadeTorre da Homenaxe en azul polo Día Internacional da Enfermeira

Torre da Homenaxe en azul polo Día Internacional da Enfermeira

O Concello de Monforte iluminará este mércores, 12 de maio, ao serán, a Torre da Homenaxe de cor azul con motivo do Día Internacional da Enfermeira, con ocasión do aniversario do nacemento de Florence Nightingale.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña deste ano, a través do lema “Enfermaría: Una voz para liderar – Una visión de futuro para la atención de salud”, ten por obxectivo amosar como a enfermaría mirará cara o futuro e como a profesión transformará a próxima etapa da atención médica.

O Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Concello sumámonos a esta conmemoración para recoñecer a labor esencial das nosas enfermeiras e dos nosos enfermeiras, e moi especialmente dende o inicio da crise sanitaria do Coronavirus. Por iso, debemos recoñecer e aplaudir o seu traballo non só mañá senón todos os días do ano”.

Neste senso, segundo datos do Consello Internacional de Enfermeiras, as enfermeiras foi o maior colectivo de traballadores sanitarios con contaxios de Covid-19 en numerosos países. A data 31 de xaneiro de 2021, o número acumulado de falecementos de enfermeiras por coronavirus rexistrado en 59 países era de 2.710, e a data 31 de decembro de 2020, máis de 1,6 millóns de traballadores sanitarios en 34 países, contraeron a Covid-19.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...