HomesociedadeMonforte renova os colectores soterrados da recollida selectiva

Monforte renova os colectores soterrados da recollida selectiva

O Alcalde subliña que “con esta nova actuación que supón a renovación e mellora da capacidade dos colectores soterrados da nosa cidade, alcanzamos os 1,5 millóns de euros (1.496.537,71 €) en melloras desenvoltas polo Concello de Monforte no servizo de limpeza viaria e recollida de lixo na cidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello renovará os colectores soterrados destinados a recollida selectiva e que están ubicados en 11 puntos da nosa cidade, a través da implantación de 36 novos colectores de carga superior, que suporán un incremento na capacidade total de recollida de 19.000 litros, e para o que se destina unha inversión de case 240.000 euros (239.170,74 €)” destaca o rexedor municipal.

O desenvolvemento deste plan de mellora é froito das negociacións do Alcalde, José Tomé Roca, coa empresa FCC Medio Ambiente, e que supuxeron a renovación do contrato con esta empresa para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio.

Esta nova mellora no servizo de recollida selectiva de residuos engádese a outras actuacións postas en marcha dende principios deste ano 2021, logo das negociacións entre o rexedor municipal e FCC, e que supuxeron a renovación de 297 papeleiras da cidade, por 43.938 euros, a instalación en todo o Concello de 3.880 novos cubos e colectores de lixo, cunha inversión total de case 299.000 euros (298.817,59 €), ou a adquisición de 10 vehículos e 16 equipos e maquinaria de limpeza, cunha inversión de case 915.000 euros (914.611,38). 

Implantación de 36 novos colectores en 11 ubicacións da cidade 

A renovación dos colectores de carga superior e o aumento da capacidade dos mesmos, levarase a cabo nos colectores soterrados destinados á recollida de papel, envases e vidro, situados nas seguintes ubicacións:

  • Rúa Cardenal, 44 (Parque dos Condes).
  • Rúa Conde (Praza Fontecha)
  • Praza Conde
  • Paseo de Lugo
  • Cobas
  • Campo de San Antonio
  • Os Chaos
  • Rúa Otero Pedraio, 31
  • Praza da Estación
  • Rúa Calvo Sotelo, 65 (Escola de Idiomas)
  • Rúa Roberto Baamonde

O total de colectores de carga superior que se renovarán será de 36. Elo conlevará tamén un aumento significativo na capacidade de carga dos mesmos, concretamente en 15.000 litros máis no caso do papel/cartón e 4.000 litros máis no caso dos envases. En total, dos 98.000 litros de capacidade total que teñen estas 11 áreas de contedores soterrados, aumentarase ata os 117.000 litros de capacidade.

O investimento disposto para esta importante actuación de mellora alcanza os 239.170,74 €. Os traballos deron comezo estes días e se prolongarán durante varias semanas.

ÚLTIMAS

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...

Tres persoas para 180 maiores: o BNG denuncia situación “inhumana” na residencia DomusVi de Monforte

O BNG denunciou este xoves no Parlamento a situación "insostible" e "inhumana" que viven...

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...