HomeCultura"A viaxe de Rosalía" no Saviñao e Letras Galegas en Quiroga

“A viaxe de Rosalía” no Saviñao e Letras Galegas en Quiroga

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O auditorio municipal de Escairón acolle este sábado, 15 de maio ás 20.00 horas, unha cita co teatro. Monicreques de mes pon en escea, A viaxe de Rosalía, unha obra para público infantil e adulto de 45 minutos de duración.

O vindeiro luns, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado á creadora, editora, tradutora e mestra Xela Arias. Con motivo desta celebración o Concello de Quiroga organizou unha recepción aos colectivos culturais do municipio.

A recepción terá lugar a partir da unha do mediodía na casa consistorial, onde tamén se fará entrega dos agasallos aos nenos e nenas premiados no Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas organizado pola Biblioteca Municipal para os nenos de 5 a 11 anos de idade. Os autores dos traballos seleccionados foron: Iván Franco Ferrín nas modalidades de Debuxo e Narración dentro da categoría C (de 9 a 11 anos); Breixo Fernández Méndez e Valentina Aguado Sánchez na categoría A ( ata 8 anos), na modalidade de debuxo. Posteriormente o grupo de gaitas O Recanto interpretará varios temas diante da casa do concello.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...