HomeMedio ambiente e PatrimonioPantón e Sober centran as actividades do programa Actívate da Deputación desta...

Pantón e Sober centran as actividades do programa Actívate da Deputación desta fin de semana

A Deputación de Lugo continúa co programa Actívate, que inclúe actividades gratuítas para todos os públicos co fin de promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia e contribuír deste xeito á recuperación deste sector, que resultou dos máis prexudicados polas restricións á mobilidade da Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, a comarca da Ribeira Sacra acolleu a ruta Sendeirismo na fervenza de Augacaída, que congregou a persoas de todas as idades para desfrutar da natureza. O domingo será a quenda da actividade Entre viñedos ao carón do Sil, no municipio de Sober.  

O programa inclúe diferentes actividades gratuítas ao longo da xeografía durante todas as fins de semana de maio e xuño. O programa Actívate comezou a primeiros de maio con barranquismo, no concello de Folgoso do Courel, un curso de Iniciación aos cogomelos de primavera, no Incio, unha ruta ornitolóxica, en Cospeito e un percorrido de sendeirismo por Triacastela. 

Todas as iniciativas esgotan as prazas ao pouco de se abriren os prazos de inscrición, o que dá boa mostra da boa aceptación que a veciñanza da provincia lle está dando ao programa Actívate da Deputación. 

As persoas interesadas en participar nas próximas iniciativas deste programa poden inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/activate. Para máis información poden chamar ao teléfono 982.260.011 ou enviar un correo electrónico a atuaprovincia@deputacionlugo.org.

Próximas actividades

  • 22 de maio: O Courel, onde as forzas xeolóxicas dobraron as montañas, en Quiroga (Prazas esgotadas)
  • 23 de maio: Iniciación ao Ioga, en Mondoñedo 
  • 29 de maio: Baños de bosque nos Ancares, en Cervantes
  • 30 de maio: En bici pola Vía Verde e montes na vila dos Fornos, na Pontenova

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...