HomePolíticaO BNG de Monforte pide un regulamento orgánico para o conservatorio municipal

O BNG de Monforte pide un regulamento orgánico para o conservatorio municipal

O Portavoz municipal, Emilio Sánchez, considera que o goberno municipal está tratando inxustamente ao profesorado implicado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Logo dunha xuntanza mantida cos profesores expedientados polo goberno municipal, o portavoz nacionalista, avoga pola retirada dos expedientes sancionadores impulsados polo Concello. Emilio Sánchez, entende que o goberno socialista está completamente equivocado, tanto nas formas como no fondo, no seu proceder ante este problema, “xa que estes profesionais non actuaron neglixentemente no tocante ao seu horario laboral. Os días libres orixe do conflito, eran un acordo ao que chegaron no seu día os profesores e o concello e, até agora, non fora rebocado. A día de hoxe o concello de Monforte carece de regulamento orgánico a respecto do conservatorio, ferramenta que tería evitado o problema.”

O BNG tampouco entende cal é a razón pola que un dos profesores do conservatorio, ten que declarar ante o secretario municipal, “algo inaudito e propio doutros tempos, por verse na obriga de utilizar medios propios nas súas clases on line, ao carecer as instalacións municipais de medios propios de calidade para atender ao servizo.”

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...