HomeDeportesMonforte amplía días de actividade e de prazas no Programa Deportivo de...

Monforte amplía días de actividade e de prazas no Programa Deportivo de Verán

Ó igual que o ano pasado, a preinscrición será de xeito telemático, para evitar que a xente teña que acudir fisicamente ás oficinas municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preséntase o “Programa de Verán do Concello de Monforte”, que nesta edición está composto por composto por tres actividades deportivas:

  • O Campamento de Verán desenvolverá as súas actividades durante tres quincenas, do 1 de xullo ó 13 de agosto, cun total de 32 días de actividade, mentres que en anos anteriores, establecíanse 2 quincenas durante o mes de xullo, con 20 días de actividade. Ofertará ata un máximo de 288 prazas, 48 máis que en 2020. Poderán participar nenos e nenas de entre os 5 e os 12 anos de idade, que poderán realizar a preinscrición de xeito telemático a través da páxina web do Concello. Os interesados poderán preinscribirse a partir deste día 20 e ata o 31 de maio de 2021. O 2 de xuño o Concello procederá á publicación da lista de persoas preinscritas. A inscrición definitiva, coa aportación da documentación requirida, efectuarase entre o 8 e o 18 de xuño. O custe da actividade será ó igual que en pasadas edicións de 51,75 euros por quincena para matrículas sen transporte e de 67,28 euros para aqueles nenos e nenas que necesiten transporte para achegarse ó seu campamento, xa que, ó igual que outros anos, o Concello segue ofertando o servicio de transporte en autobús para todos aqueles que o necesiten. As familias numerosas terán un 50% de desconto.
  • O XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – Real Club Celta de Vigo celebrarase na primeira semana do mes de agosto, entre os días 2 e 6, ofertando 72 prazas, 18 máis que en 2020. Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos que, de igual xeito que para o Campamento Deportivo, poderán realizar a súa preinscrición online, entre o 20 e o 31 de maio. O número máximo de prazas por grupo será de 12, sendo o número total de prazas ofertadas de 72, que son 18 máis que en 2020.
  • Cursos de natación na Piscina climatizada municipal. Outra das novidades deste ano será a oferta de cursos de natación na Piscina climatizada municipal, dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas, e que terán lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro, cunha duración mensual e un período lectivo de dous días á semana cada un dos cursos. Estes cursos de natación contarán cun total de 256 prazas, 104 no mes de xullo, 104 no mes de agosto, e 48 no mes de setembro, sendo 7 cursos infantís e 6 para adultos.

As 3 instalacións serán o Polideportivo municipal de A Pinguela, e os pavillóns deportivos do IES a Pinguela e dos Escolapios, a cuxos responsables o Concello agradece a súa disposición e colaboración para facer posible o desenvolvemento destas actividades. 

Concluíu o Alcalde, “dende o Concello, fixemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destes Campamentos de Verán, así como do Campus do Celta, e engadindo a oferta de cursos de natación. Son un total de 616 prazas as que ofertamos, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán.”

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...