HomeCultura"A pluma viva de Rosalía" este sábado na Pobra do Brollón

“A pluma viva de Rosalía” este sábado na Pobra do Brollón

O espectáculo está indicado para público xuvenil e adulto (a partir de 9 anos). Será ás 20:00 h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. A entrada é de balde, previa reserva no teléfono 650 624 828.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 22 de maio, Tero Rodríguez e Lucho Penabade da compañía Os Quinquilláns interpretarán na Pobra do Brollón, A pluma viva de Rosalía, un espectáculo baseado nun feito real de censura á obra de Rosalía de Castro.

No ano 1864 Rosalía de Castro visita por sorpresa a imprenta de Soto e Freire en Lugo. Catro textos brillantes, retranqueiros e satíricos da escritora están a punto de seren publicados, mais nas oficinas da imprenta acaba de acontecer un conflito moi violento e Rosalía vai descubrir que todo ten que ver con ela e a súa obra.

A actividade está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...