HomeCulturaDesde este luns o Ateneo Casino celebra o 25 aniversario do pasamento...

Desde este luns o Ateneo Casino celebra o 25 aniversario do pasamento de Lois Pereiro

A partir deste luns, 24 de maio, cando se cumpren exactamente 25 anos do pasamento de Lois Pereiro, o Ateneo Casino de Monforte recupera as actividades presenciais en torno á figura do poeta. Os eventos arrancan o luns 24 coa presentación dun novo libro do poeta, Os cadernos de Lois.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A batería de actividades comeza hoxe ás 20.00 coa presentación do libro Cadernos persoais. Trátase dun conxunto de diarios inéditos que a editorial Chan da Pólvora publicou a finais de abril. Na presentación participarán Héctor Cajaraville, encargado de realizar a edición e as notas do volume, así como os irmáns de Lois Pereiro, Xosé Manuel e Inés. O acceso é libre, previa reserva no teléfono 648 435 033.

O 30 de maio contarase cun obradoiro de Postcrossing por Diana Pastoriza, no que se introducirá ós asistentes ó mundo da postal, do deseño e da plataforma Postcrossing. Proponse unha actividade de intercambio de postais vinculadas a Lois. A actividade céntrase na creación dunha postal de Lois Pereiro que será enviada a diversos puntos do mundo en resposta ás postais recibidas no Ateneo a través dos membros de Postcrossing.

5 de xuño, 12:30, toda Galicia farase un acto expansivo en homenaxe a Lois Pereiro. Trátase dunha actividade expansiva con epicentro en Monforte e réplicas en diversas aldeas, vilas e cidades de Galicia e máis alá. O obxectivo é reivindicar a figura de Lois a través de eventos de diversa índole en distintos puntos cun eixo común: o día e a hora. Para tal fin o Ateneo leva tempo traballando e contactando con centros culturais e persoas do mundo da cultura para a organización do acto.

A homenaxe de Monforte terá lugar no propio Ateneo e contará coa presenza de diversos artistas que se irán anunciando nas redes.

Para o 6 de xuño no Ateneo Casino organízase un obradoiro de escrita creativa con Arancha Nogueira. Contarase con dez prazas e catro horas de duración divididas entre a mañá e a tarde. A poesía de Lois Pereiro, moi influínte na poética de Nogueira, terá gran presenza no obradoiro.

Xa o 12 de maio, o Ateneo acollerá esta actividade na que se redactarán as postais de resposta ás recibidas no Ateneo e os asistentes poderán enviar postais ós seus contactos ou intercambiar con membros da plataforma Postcrossing.

Pese a que Lois Pereiro centra o groso de actividades deste período, o Ateneo tamén programará actividades alleas ó poeta. O primeiro será o 28 de maio, unha actividade arredor do ensino e cinema promovida polo profesor dos Escolapios, Javier Saco.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...