HomeTerra de LemosMonforteA Xunta declara o nivel medio de restricións en Monforte

A Xunta declara o nivel medio de restricións en Monforte

Na provincia de Lugo, Viveiro pasa a restrición alta e Xove e Cervo a media.

Publicado o

- Advertisement -

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel medio de restricións no concello de Monforte. Unha situación que se produce polo aumento da incidencia da covid nos últimos días e implica unha redución no aforo dos eventos deportivos, de piscinas, bibliotecas e teatro sque pasará a ser do 30%. 

Tamén implicará un cambio na hostalería e restauración. Os establecementos poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 50% do aforo e tamén servizo no interior cunha ocupación do 30%. Non se poderá prestar servizo na barra.

O horario de peche ao público será ás 23:00 horas. Os restaurantes disporán da opción de ampliar o seu horario ata as 1:00 horas exclusivamente para o servizo de ceas, sempre que cumpran os requisitos establecidos e sen que poidan admitirse novos clientes a partir das 00.00 horas.

OUTRAS RESTRICIÓNS 

Por outra banda, a Xunta decretou o nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos. Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de viveiro, Ribeira, Ordes, Moraña e Ponte Caldelas.

No nivel medio quedan o Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Vilalba, Cervo e Xove. No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...