HomeMedio ambiente e PatrimonioBustelo de Fisteus en Quiroga nova “aldea modelo de Galicia”

Bustelo de Fisteus en Quiroga nova “aldea modelo de Galicia”

A declaración do núcleo de Bustelo de Fisteus (Quiroga) como “aldea modelo de Galicia” por parte da Xunta de Galicia pode ser o inicio dun desenvolvemento integral deste núcleo. O equipo de Goberno levaba tempo traballando para poñer en valor esta zona importantísima pola súa situación xeoturística, como recalcou o alcalde, Julio Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A arquitectura de Bustelo de Fisteus, na que destacan as edificacións de pedra, con columnas redondeadas e palenques (especie de corredores cerrados que unían dúas edificacións por encima das rúas), a súa situación xeográfica, enmarcada entre unha alvariza totalmente rehabilitada e o miradoiro dende o que se contempla todo o val do río Quiroga; fan que este lugar poida chegar a ser “un punto turístico referente no Xeoparque Montañas do Courel”.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, agarda que tras esta declaración como aldea modelo por parte da Xunta, coa que se van recuperar 14,15 hectáreas de terreo, o núcleo enteiro poida poñerse en valor, e que Bustelo de Fisteus non só recupere os seus terreos de cultivo, se non que poida recuperar as súas vivendas e ter un futuro prometedor.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...