Homesociedade"La ventana" da SER en directo dende Monforte

“La ventana” da SER en directo dende Monforte

O programa radiofónico presentado por Carles Francino emitirase en directo este venres 28 de maio dende a Casa da Cultura 'Poeta Lois Pereiro'.

Publicado o

- Advertisement -

O popular magazine radiofónico chega a Monforte de Lemos para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Carles Francino chega á cidade do Cabe con parte importante do equipo de ‘La ventana’ para emitir en directo dende a Casa da Cultura ‘Poeta Lois Pereiro‘ en horario de 16:00 a 19:00 h. o programa do venres 28 de maio.

Segundo nos contan do equipo de produción, na primeira hora centrarán contidos na Ribeira Sacra. Contarán coa presencia de José Tomé Roca, como presidente da Deputación de Lugo e alcalde do Concello de Monforte de Lemos, e tamén con Dolores Redondo, autora do libro “Todo esto te daré”, ambientado na Ribeira Sacra.

Entre as 17:00 e as 18:00 horas non faltará á cita Isaías Lafuente co seu espazo UDV –Unidad de Vigilancia Lingüistica– e tamén estará o filósofo José Carlos Ruíz, que falará da importancia “do Sacro” na súa sección.

Tamén estarán presentes os colaboradores Benjamín Prado –novelista, ensaista e poeta– e Iñaki de la Torre, o ‘home da música’ no programa. Neste apartado, entre as 18:00 e as 19:00 h. estarán de convidadas as cantantes Vega e Guadi Galego.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...