HomesociedadeTorneo de 'picadiscos' na Pobra do Brollón

Torneo de ‘picadiscos’ na Pobra do Brollón

Este domingo, 30 de maio, celébrase a primeira semifinal da iniciativa ‘Pratos e Discos’, inaugurando o plan municipal de dinamización da hostalería que se estenderá ao longo do verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta curiosa actividade de lecer, coñecida como “Pratos e Discos” e na que picadiscos locais que se enfrontan entre si, naceu o verán pasado e tivo unha gran acollida. Para darlle continuidade, xa que a competición non puido pasar das semifinais por mor da pandemia, este domingo ás 13:00 h. a Cantina de Julia –na parroquia de Salcedo– será o escenario que lle dea continuidade.

A decisión de quen pasa de rolda tena o público asistente mediante o seu voto, emitido no mesmo lugar tras o evento. Nesta ocasión, os e as asistentes deberán elixir entre Mark Elo e Marccos. Deste enfrontamento sairá o primeiro finalista da edición.

Como comentamos, a rolda de semifinais quedou pendente do ano pasado polo que estas primeiras sesións son para darlle remate á edición 2020. A previsión é celebrar as dúas semifinais e a final desta edición na primavera, e comezar a edición 2021 no verán.

“Trátase dunha iniciativa que incentiva o consumo nas terrazas, non só durante o evento senón tamén a posteriori,” comenta Xosé Lois Maceda. “Ao mesmo tempo, o feito de ser veciños os que poñen a música reforza os lazos comunitarios“, engade o Alcalde da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...