HomeDeportesO Club Natación de Monforte estrea nova Directiva

O Club Natación de Monforte estrea nova Directiva

Semana intensa para o club. Despois de renovar organigrama directivo, os días 29 e 30 compite en Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mércores 26 de maio, e tras unha xunta extraordinaria, o Club Natación de Monforte procedeu á elección dunha nova Directiva.

José Manuel Martínez Berjano foi relevado na presidencia por Leonor Franco Pérez, quedando como vicepresidenta, Raquel Escudero Fernández; como secretaria, Sabela Moreiras Cuesta; e como tesoureiro, Ramón Pérez Arias.

Un novo proxecto que segundo explican “tratará de darlle un novo rumbo na consecución de todos aqueles obxectivos que se viron un pouco ralentizados pola situación actual”.

COMPETICIÓN EN OURENSE

Este sábado 29 de maio varios dos nadadores e nadadoras do club participarán no ‘Trofeo Pedro Escudero’, en xornada de mañá e tarde, na piscina Rosario Dueñas de Ourense. Trátase dunha competición absoluta e a gran maioría dos nadadores e nadadoras son de idades inferiores. Aínda así esperan un gran rendimento na mellora de tempos, mínimas e incluso algún podio entre os/as máis veteranos/as.

O domingo 30 disputarán a ‘Copa Deputación’ na xornada de mañá as categorías promesas, benxamíns e alevíns tamén en Ourense, tamén na Piscina Rosario Dueñas.

ÚLTIMAS

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...