HomeMedio ambiente e PatrimonioCazadores 'de lixo' en Castro Caldelas

Cazadores ‘de lixo’ en Castro Caldelas

Un grupo de cazadores desta localidade participa nunha batida na que o protagonista non é ningún animal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Castro Caldelas e un grupo de cazadores do Tecor ‘Terra de Caldelas’ participan este sábado 29 de maio nunha recollida de lixo polos montes do municipio.

Este colectivo ten localizados vertedoiros incontrolados de residuos sólidos en varias localizacións, algúns deles de difícil acceso, e a súa misión será recoller todo tipo de restos –cascallos, plásticos, electrodomésticos, latas, etc– nunha singular ‘batida’ na que o protagonista non será ningún animal, senón o lixo.

O amoreamento de restos demostra, segundo afirma a alcaldesa, Sara Inés Vega, “unha falta de respecto cara a natureza dalgúns cidadáns“, co cal esta acción pretende concienciar e reivindicar o respecto polo medio ambiente e visibilizar o positivo que pode ser a colaboracion veciñal.

A rexedora trasládalle o agradecemento do concello aos cazadores pola iniciativa e a colaboración neste traballo de limpeza, poñendo en valor ademais que “aparte do propio deporte poden ser un mecanismo de control de especies que beneficia á xenet que se dedica ao mundo rural”.

Para a realización dos traballos o Concello de Castro Caldelas pon a disposición dos cazadores o material e a maquinaria necesarios para levar a cabo as tarefas de limpeza comentadas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...