InicioMedio ambiente e PatrimonioO Xeoparque Montañas do Courel na Semana dos Xeoparques Europeos

O Xeoparque Montañas do Courel na Semana dos Xeoparques Europeos

Durante esta semana as actividades estarán máis dirixidas a poboación das Montañas do Courel, con reunións coas entidades asociativas do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades comezaban a pasada semana cun WEBINAR organizado pola Foro Nacional de Geoparques, e a presentación do percorrido das Montañas do Courel ata converterse en Xeoparque Mundial da UNESCO. Este pasado venres, 28 de maio, presentábase en Astorga a estratexia de desenvolvemento aplicada polo GDR Ribeira Sacra durante a xestión dos programas Leader 2007-2013 e o actual Leader 14-20, que posibilitaron acadar o recoñecemento para as Montañas do Courel como Xeoparque Mundial da UNESCO.

Esta fin de semana celebrouse un percorrido para observar as cores máis vivas do Xeoparque, as Orquídeas do Courel e unha xornada de portas abertas no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos. Tamén houbo espazo para participar na 21 Mostra do Aceite de Quiroga.

Durante esta semana as actividades estarán máis dirixidas a poboación das Montañas do Courel con reunións coas entidades asociativas do territorio. Este luns o encontro foi coas entidades asociativas do territorio sobre a participación social no xeoparque. Este martes, 1 de xuño, a reunión será cos produtores agroalimentarios das Montañas do Courel ás 20:30 h na casa de cultura de Quiroga para falar do uso da Marca Xeoparque Montañas do Courel. E o xoves, 3 de xuño, celebrarase un encontro coas empresas de turismo activo no Xeoparque.

Estas actividades de celebración terán o seu día forte o sábado, 5 de xuño, contando con conferencias, visitas sobre o terreno, actos de recuperación de patrimonio inmaterial, así como a posta de largo dunha nova iniciativa empresarial no Xeoparque. O calendario da xornada será o seguinte:

  • 11:00 na casa de cultura de Quiroga terá lugar a xornada “Encontros arredor das terras: materia, uso e tempo”. Serán tres conferencias nas que intervirán: Augusto Pérez Alberti. Catedrático Ad hororem USC, membro do comité científico do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, coa ponencia: “ROCHAS, SEDIMENTOS E SOLOS.” Arturo de Lombera Hermida. Arqueólogo. Dr. en Historia da USC. Membro do comité científico do Xeoparque coa charla “A INFORMACIÓN ARQUEOLÓXICA DOS SEDIMENTOS”. Pedro Poença Cunha, Catedrático de Xeoloxía da Universidade de Coimbra co título “A DATACIÓN DOS SEDIMENTOS.”
  • 12:00 “As terras dende o miradoiro da Pómez en San Clodio”. Visita e interpretación das terras que se ven dende o miradoiro por parte Augusto Pérez Alberti, Arturo de Lombera Hermida e Pedro Poença Cunha
  • 17:30 Acto de entrega de arquivo sonoro á Fundación Uxío Novoneyra con 6 poemas recitados polo poeta do Courel. Neste acto participará o autor das gravacións, Rafael González.
  • 19:00 Presentación de Coureleando, unha nova iniciativa de turismo activo no Xeoparque. Os promotores realizarán un percorrido interpretado da mineria aurífera romana da Toca e Torubio.

ÚLTIMAS

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...