HomesociedadeQuiroga tirará unha edificación en ruínas para ampliar unha zona de lecer...

Quiroga tirará unha edificación en ruínas para ampliar unha zona de lecer na vila

Despois do expediente de ruína técnica aberto, agora un auto xudicial autoriza ao Concello de Quiroga a levar a cabo a execución subsidiaria da orde de demolición dunha edificación situada na rúa Real, moi preto da casa consistorial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante o perigo inminente de derrube o Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo concédelle ao  Concello de Quiroga  un prazo de tres meses para executar esta sentenza. O Concello de Quiroga levaba máis de dous anos tentando poñerse en contacto cos propietarios para que tomasen cartas no asunto ou deixasen actuar ao concello. Así o confirmou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, quen asegurou que foi preciso aplicar a normativa subsidiaria ante a negativa dos propietarios a facerse cargo. Ante esta imposibilidade, e tras cumprir con todos os trámites administrativos, incluída a publicación en boletíns oficiais, finalmente foi o xulgado o que autorizou que o concello poida entrar nesta propiedade privada.

O Concello encargarase agora de tirar esta edificación ruinosa e acondicionar o terreo no que está situada, un terreo na rúa principal e no centro da vila quiroguesa. Despois de moitos anos, en palabras do alcalde quirogués, “Quiroga saca unhas ruínas que afeaban e entorpecían a vistosidade do centro da vila”.

O Goberno local traballa, nun principio, en que este espazo novo quede unido á área de descanso que acondicionou recentemente no entronque da rúa Real coa rúa Lago, ampliando este espazo de lecer.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...