HomeMedio ambiente e PatrimonioMobilidade sostible na Ribeira Sacra polo Día Mundial do Medio Ambiente

Mobilidade sostible na Ribeira Sacra polo Día Mundial do Medio Ambiente

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza para este sábado, 5 de xuño, unha Xornada de Mobilidade Sostible con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A organización do evento intégrase dentro do Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira Sacra que contempla diversas actuacións no ámbito da mellora da mobilidade e a decarbonización nos medios de transporte empregados no eido turístico da RibeiraSacra.

A xornada inaugurarase ás 10.00 e ás 11.00 comezará o panel de conferencias como sesión online. Manuel Durán, enxeñeiros de camiños abordará as “Infraestruturas históricas vinculadas ao transporte na Ribeira Sacra”. Hadrián Arias, enxeñeiro de camiños falará dos “Plans de Mobilidade”. Juan Ignacio Rodríguez do Instituto Xeográfico de Galicia achegarase ás “Liñas de axuda da Xunta de Galicia para o fomento do uso de enerxías renovables en trasportes” e un representante da Confederación Hidrogáfica Miño-Sil falará da “Mobilidade Sostible na conca hidrográfica Miño-Sil.

Ás 12.15 e ás 13.15 celebraranse dúas mesas redondas, a primeira moderada por Mario Crecente versará sobre transportes e servizos turísticos e a seguinte, moderada por Alexandra Seara debatirá sobre servizos turísticos.

As actividades presenciais comezarán ás 16.00 co traslado dos participantes desde o Parador de Santo Estevo ao embarcadoiro de Santo Estevo. Ás 16.15 haberá demostracións de coches, bicis e barco eléctrico no entorno do embarcadoiro. Posteriormente farase visita panorámica ao miradoiro da central hidroeléctrica de Santo Estevo e visita guiada “Os Peares e o ferrocarril” para rematar cun viño de despedida ás 19.30.

Para a sesión presencial as prazas son limitadas. Para inscricións e consultar dispoñibilidade poden facelo a través do correo turismo@ribeirasacra.org

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...