HomePolíticaNeste mes farase público o concurso de adxudicación do solo industrial en...

Neste mes farase público o concurso de adxudicación do solo industrial en Taboada

Este concurso de venda de solo empresarial inclúe 13 parcelas correspondentes á primeira fase do parque de Taboada, cunha superficie total de 13.717 metros cadrados. As dimensións das parcelas varían entre os 727 e os 1.767 metros cadrados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, anuncia no Parlamento de Galicia que o concurso de adxudicación do solo industrial no concello de Taboada farase público de xeito inminente neste mes de xuño. A través deste concurso estableceranse as condicións de adxudicación do solo propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), tanto nos parques empresariais que xa se atopan á venda actualmente como os novos parques que se inician a súa comercialización.

José Manuel Balseiro manifestou, ademais, que “xa se está a traballar nos correspondentes proxectos para rematar as obras de urbanización do parque empresarial de Taboada, co obxectivo de realizalas este mesmo ano”. Estas obras afectarán á zona de aparcadoiro e á zona verde do parque empresarial.

O deputado popular cualificou de “moi atractiva” a bonificación do 50 por cento no prezo das parcelas en todos os parques empresariais de Lugo que ofrece a Xunta de Galicia e lamentou que, pola contra, “ningún promotor de solo empresarial dependente dun goberno socialista está aplicando bonificación algunha con carácter xeral nos seus parques galegos”. 

Para rematar, Balseiro criticou que “unha das primeiras decisións que adoptou o Goberno do señor Tomé na Deputación de Lugo foi suprimir a empresa pública que se encargaba de crear solo industrial na provincia”. “Suprimiron esta empresa pública sen ningunha alternativa e deixando no limbo máis de 4 millóns de euros en parcelas industriais xa adquiridas pola Deputación e outros 5 millóns de euros pendentes de cobro”, engadiu.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...