HomeDeportesAdxudicadas as prazas dos Campamentos Deportivos e do Campus de Fútbol de...

Adxudicadas as prazas dos Campamentos Deportivos e do Campus de Fútbol de Monforte

En total foron 489 as preinscricións presentadas de xeito telemático. Tanto na primeira quenda do Campamento Deportivo como no XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R.C. Celta de Vigo rexistráronse máis solicitudes que prazas ofertadas o que obrigou a realizar un sorteo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte adxudica as prazas para participar tanto no Campamento Deportivo de Verán coma no XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R.C.Celta de Vigo. Foron un total de 489 as solicitudes de preinscrición que se rexistráronse. A distribución das solicitudes, segundo períodos de tempo ofertados polo Concello, foi a seguinte:

  • Preinscricións na 1ª quenda do Campamento Deportivo (do 1 ó 15 de xullo): 159 solicitudes.
  • Preinscricións na 2ª quenda do Campamento Deportivo (do 16 ó 30 de xullo): 138 solicitudes.
  • Preinscricións na 3ª quenda do Campamento Deportivo (do 2 ó 13 de agosto): 90 solicitudes.
  • Preinscrición no XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R.C. Celta de Vigo (do 2 ó 6 de agosto): 102 solicitudes.

Tanto na primeira quenda do Campamento Deportivo como no Campus de Fútbol rexistráronse máis solicitudes que prazas ofertadas o que obrigou a aplicar os criterios establecidos de reparto de prazas e a realizar un sorteo, que se celebrou o 4 de xuño ás 12:30 h. Na terceira quenda do campamento deportivo todas as persoas que realizaron a preinscrición adquiriron a súa praza.

Dende este martes, 8 de xuño, e ata o venres 18 de xuño, todas as persoas con praza adxudicada deberán formalizar a súa matrícula. Para realizar o pago da matrícula, unha vez presentada a documentación requirida para a inscrición definitiva, enviaráselles, ao correo electrónico designado, a carta de pago correspondente coa inscrición. Tanto a lista de admitidos como as instancias de matrícula están colgadas para a súa descarga na sección de DEPORTES/ACTIVIDADES DEPORTIVAS da páxina web do Concello de Monforte.

O Alcalde, José Tomé Roca, valorou moi positivamente o éxito en canto ó número de solicitudes presentadas e agarda que todos os “nenos e nenas finalmente inscritos poidan disfrutar dunhas vacacións practicando un variado número de actividades, tanto deportivas coma excursións e obradoiros”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...