HomeCulturaOs nenos son "Héroes de primavera" en Sober

Os nenos son “Héroes de primavera” en Sober

A Biblioteca Pública Municipal e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober incorporan á súa colección bibliográfica varios exemplares do conto infantil 'Héroes de primavera'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O volume é autoría de Patricia Sanmiguel Couso, casada cun veciño de Sober, e nai de dúas nenas que axudaron a ilustralo, xunto cos alumnos de 2ºB do CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.

O proxecto, pensado para o público infantil, pretende amosar como os verdadeiros heroes da pandemia son os nenos e as nenas e a súa capacidade para adaptarse a cada situación sen perder nunca o sorriso. Unha lección de vida que formará parte das dúas bibliotecas de Sober, a municipal e a do colexio, para que todos os nenos e nenas poidan revisalo e recordar o vivido mentres durou o estado de alarma.

O libro, da editorial infanfil Gunis, xa está dispoñible na plataforma Amazon e poderase mercar en La Casa del Libro e El Corte Inglés e tamén se pode adquirir en 176 librarías convencionais.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...