HomeEconomíaNova edición da Feira de oportunidades en Monforte

Nova edición da Feira de oportunidades en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Os días 18 e 19 de agosto, na Praza de Abastos de Monforte, celebrarase unha nova edición da Feira de Oportunidades organizada polo Centro Comercial Urbán.

Durante ambas xornadas, os asistentes ó evento, poderán adquirir artigos de moda, calzada, complementos e decoración, entre outros, a prezos rebaixados.

O horario do sábado será de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e pola tarde, de 17:00 a 21:00. E o domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Cartel da Feira de Oportunidades organizada polo CCU/Concello de Monforte

Por experiencia de anteriores edicións, a gran afluencia de público avala a realización deste tipo de mercados que son de gran apoio para a economía local. Estas xornadas teñen como obxectivo concienciar á xente da relevancia económica e social de mercar nas tendas de proximidade.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...