HomesociedadeMónica Fernández, filla predilecta de Quiroga, pregoira da Feira do Viño

Mónica Fernández, filla predilecta de Quiroga, pregoira da Feira do Viño

Mónica Fernández, filla predilecta de Quiroga e a mellor sumiller do mundo, será a pregoeira da XXXIX Feira do Viño de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta quiroguesa, veciña de Orxais, é sumiller  e maestresala titulada pola Cámara de Comercio de Madrid. Directora xeral do grupo Bambú, dende o 2005 é directora de sala e sumiller dos oito restaurantes que ten o grupo (19 Sushi Bar e dos 99 Sushi Bar de Ponzano, Moraleja, Hermosilla, Eurobuilding, Barcelona, Marbella e Bilbao)

Ao longo da súa traxectoria profesional recibiu numerosos galardóns como o premio á Excelencia Turística de Madrid como Mellor Directora de Sala no ano 2009 e o premio Nacional de Gastronomía á Mellor Director de Sala no 2016 concedidos pola Cámara de Comercio de Madrid;  o premio á Mellor Dirección de Sala no 2018 outorgado pola Academia de Gastronomía da Comunidade de Madrid e o importantísimo premio á Mellor Sumiller do Mundo (Prix au Sommelier) concedido no 2017 pola Academia Internacional de Gastronomía en París.

Mónica Fernández é unha destacada sumiller que participa habitualmente en acontecementos relacionados co mundo do viño, ademais de formar parte do comité de cata da coñecida Guía de Vinos Gourmets. Dende o ano 2017 Mónica conta coa distinción de ser a única Filla Predilecta de Quiroga, título que se lle concedeu por levar con orgullo o nome de Quiroga polo mundo, como se afirmou no acto da súa firma no libro de honra do Concello de Quiroga.

O pregón deste ano “será o momento no que un gran profesional do viño nos honre coa súa presenza e coas súas verbas”, como afirmou o alcalde quirogués, Julio Álvarez, quen matizou que será o momento en que dalgunha maneira Quiroga salde a débeda histórica que ten con persoas de certo perfil.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...