HomesociedadeA loita de veciños do Mazo en Quiroga por amañar un camiño...

A loita de veciños do Mazo en Quiroga por amañar un camiño público

Desde o concello remitíronos á Confederación Hidrográfica Miño-Río Sil, mentres a situación empeorou ata o extremo de case non poder acceder ás fincas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Un grupo de veciños do Concello de Quiroga afectados polas desfeitas ocasionadas en zonas próximas ao río Quiroga, na zona coñecida como “O MAZO”, no lugar da Ribeira, dan conta, a través dun comunicado, da situación na que se atopan. Segundo sinalan, “os danos afectaron a un camiño público de tal xeito que o fan intransitable tanto para uso peonil como motorizado con maquinaria agrícola, impedindo deste xeito o acceso axeitado e en condicións normais ás distintas fincas.”

Xa hai meses que os veciños puxeron a situación en coñecemento do concello solicitando unha solución que pasaba polo arranxo deste camiño que dá acceso ás fincas particulares. Desde o concello remitíronos á Confederación Hidrográfica Miño-Río Sil, mentres a situación empeorou ata o extremo de case non poder acceder ás fincas.

Nas oficinas de Confederación en Monforte informáronlles de que era unha competencia do Concello de Quiroga e recomendaron deixar tamén unha reclamación por escrito.

Visto o catastro, a veciñanza asegura que o camiño está considerado como vía pública “co cal entendemos que a competencia sería do Concello de Quiroga, quen debería solicitar permiso á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para despois facer as accións de reparación que correspondan. Estamos convencidos de que se hai vontade por parte do concello o tema pódese solucionar e desatascar pero semella que non, e para máis inri o propio alcalde négase a recibirnos e derívanos a un concelleiro que di que o máis que pode facer é pasarlle o tema ao alcalde”.

Os veciños aseguran que a non reparación e acondicionamento deste acceso ás propiedades particulares dos veciños pode poñer en serio perigo o aproveitamento agrícola e a colleita deste ano e pode provocar incluso algunha desgraza persoal.

Camiño O Mazo / Lucía B.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...