HomesociedadeQuiroga derruba unha casa en ruínas para crear un espazo de lecer

Quiroga derruba unha casa en ruínas para crear un espazo de lecer

Vén de comezar o derrube dunha edificación con expediente de ruína situada na rúa Real de Quiroga. Un auto xudicial autorizaba ao Concello a demoler esta edificación situada moi preto da casa consistorial. Ante o perigo inminente de derrube o Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo concedíalle ao Concello un prazo de tres meses para executar esta sentenza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga levaba máis de dous anos tentando poñerse en contacto cos propietarios para que tomasen cartas no asunto ou deixasen actuar ao concello. Así o confirmou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, quen asegurou que foi preciso aplicar a normativa subsidiaria ante a negativa dos propietarios a facerse cargo. Ante esta imposibilidade, e tras cumprir con todos os trámites administrativos, incluída a publicación en boletíns oficiais, finalmente foi o xulgado o que autorizou que o concello poida entrar nesta propiedade privada.

O Concello encargase agora de tirar esta edificación ruinosa e acondicionar o terreo no que está situada, un terreo na rúa principal e no centro da vila quiroguesa. Despois de moitos anos, en palabras do alcalde quirogués, Julio Álvarez, que se achegou a ver o inicio do derrube xunto co concelleiro José Enríquez, “Quiroga saca unhas ruínas que afeaban e entorpecían a vistosidade do centro da vila”.

O Goberno local traballa, nun principio, en que este espazo novo quede unido á área de descanso que acondicionou recentemente no entronque da rúa Real coa rúa Lago, ampliando este espazo de lecer.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...