Homesociedade"Día do comercio local" o 18 de xuño en Chantada

“Día do comercio local” o 18 de xuño en Chantada

A Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra celebrará este venres, 18 de xuño, a campaña “Día do Comercio Local”. Participan 41 establecementos que realizarán , durante todo o día, descontos nos seus produtos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña que lanzan a Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra contará con descontos que irán desde o 10% ao 50%. Todo co obxectivo de incentivar as compras locais, nun sector que non é alleo ás consecuencias da pandemia.

Os 41 establecementos que participan na iniciativa son: Adapta Soluciones Integrales, Almacenes La Moda, Axóuxere, Besbello, Bolboreta, Boutique Rodiblán, Calzados Doval, Calzados Marisa Doval, Calzados Pisadas, Centro de Análises Gómez Failde, Chiquitines, Cotobade Center, Cukadas, Dietética Milenrama, Don Bolso, EJ Tecnic, Gallery, Infornova, Jamez Deportes, Jimmy, Jimmy Kids, Lencería Soli, LR 14 Tienda Multimarca, Luca Calzados y Complementos, Marisol Román, Max Accesorios Phone, Mi Detergente, Número 10, Pekes Moda, Pícaros, Raparigos, Relojería Ángel, Relojería Mario, Seijas Decoración, Supermercados Claudio, Tanto, Teresa Feás Centro Óptico, The Closet-Doble M, Turini, Vilot e Vinosacra.

A actividade do venres en Chantada complétase con actuacións polas rúas da vila da charanga Unión Phenosa a partir das 19.00 horas.

Os establecementos comerciais da Asociación están participando na campaña DÍAS AZUIS, que se realiza por parte da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia ata o 30 deste mes e numerosos establecementos participan no programa Bonos Activa Comercio da Xunta e Bonos Impulsa da Deputación Provincial.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...