HomesociedadeOs concellos como transmisores de igualde na loita contra a violencia de...

Os concellos como transmisores de igualde na loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, preside a segunda xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero do concello de Chantada, acto que aproveitou para valorizar a utilidade destes órganos interinstitucionais na detección precoz, na resposta áxil ante a violencia de xénero e na sensibilización no eido local en materia de igualdade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas mesas locais son instrumentos operativos que favorecen a detección precoz dos casos, optimizan a coordinación dos axentes locais e ofrecen atención e resposta áxil ás vítimas. Ademais de mellorar a protección nos casos que presenten alto risco, subliñou, tamén se encargan de informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á sociedade.

“A coordinación e a colaboración son as premisas fundamentais para unha atención máis áxil, eficiente e eficaz ás mulleres que ven vulnerados os seus dereitos por mor da violencia de xénero”, remarcou López Abella en Chantada. 

A Xunta recoñece ás entidades locais un papel relevante como transmisoras do valor da igualdade. As mesas interinstitucionais constitúen bo exemplo de coordinación entre a Administración autonómica e a Administración local. A ambas as dúas únelles o compromiso de garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. 

Neste camiño, o Goberno galego ten por obxectivo intensificar o traballo das mesas locais contra a violencia de xénero nos concellos que xa están constituídas (76 entidades locais) e axudar á súa constitución naqueles concellos nos que aínda non a teñen creada. Esta posibilidade está aberta no caso dos 215 municipios que integran a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Para favorecela, a Secretaría Xeral da Igualdade ten ao seu dispor cadanseus manuais de apoio, unha guía de carácter práctico para a constitución das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero; e unha segunda guía dirixida á dinamización dos órganos existentes

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...