HomePolíticaO BNG mobilízase contra a tarifa eléctrica en Belesar

O BNG mobilízase contra a tarifa eléctrica en Belesar

Será este domingo 20 de xuño ás 12:00 h. no coñecido encoro de Chantada e O Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG realizará unha acción simbólica no encoro de Belesar, no Concello de Chantada e O Saviñao, para pedir que se poña fin ao que consideran un espolio enerxético de Galiza e demandar así mesmo unha tarifa eléctrica galega.

As deputadas do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil e Carme Aira, realizarán declaracións no marco desta acción.

SINATURAS CONTRA A SUBIDA DA LUZ

Os nacionalistas comezaron a principios deste mes unha campaña de recollida de sinaturas contra a subida da factura da luz.

A acción, que se desenvolverá por todo o país, pretende visibilizar o rexeitamento ao novo sistema de tarificación que consideran moi gravoso para as familias e as pequenas e medianas empresas tendo en conta ademais que estamos en plena crise.

Para abaratar o prezo da luz, o BNG defende a intervención pública no sector enerxético e pon sobre a mesa medidas concretas e realizables se hai vontade política. Empezando por reducir o IVE da luz ao 4% fronte ao 21% actual e tamén propón suprimir o imposto especial á electricidade. 

A loita tería tamén como obxectivo unha “tarifa eléctrica galega” para que as familias e as empresas teñan unha factura máis barata e “se beneficien de ser Galiza un país rico en enerxía eléctrica”, engaden.

Entre os obxectivos a futuro estaría tamén o proxecto de creación dunha empresa pública galega de enerxía para camiñar cara unha xestión pública dun servizo e dun ben de primeira necesidade. Nese senso tamén se contemplarían medidas para que non se lle poda cortar a luz a ningunha persoa ou familia sen recursos. “Os dereitos das persoas deben estar por riba da conta de resultados das eléctricas”, alega Pontón.

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...