HomeCulturaO manual para ser un gran 'influencer'

O manual para ser un gran ‘influencer’

O venres 25 de xuño ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte o artista multidisciplinar Gerardo Pochintesta presenta o seu libro "How to be a Big Influencer".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

How to be a Big Influencer é unha viaxe arquetípico e gestáltico, a través das pulsións e principios que manexan a nivel inconsciente as bases sobre as cales evoluciona ou involuciona unha sociedade. É un receitario de como cambiando un mesmo pódese modificar a realidade sobre a que un inflúe. É un manual con segredos para lograr o éxito sobre o colectivo para influír.

A impulsora desta presentación é Rocío Rodríguez, xerente da Librería Pelayo, pois trátase da sétima obra que edita baixo o selo de Peruchela Edicións.

O autor, Gerardo Pochintesta, pretende lograr aclarar o que ninguén sabe nin cuestiona; por que me gusta algo ou me desgusta?, por que un like?…

O acto de presentación do libro concluirá cunha invitación a un faladoiro co escritor a todas aquelas persoas que compren e lean o libro previsto inicialmente para o venres 7 de xullo na Librería Pelayo. Ao estar limitado o aforo a 8 persoas, é previsible que sexa necesario un segundo grupo para o 8 de xullo en horario matutino. Deste xeito, os asistentes poderán satisfacer máis a súa curiosidade e expresar a súa opinión sobre calquera cuestión que lle resulte da lectura da obra.

Gerardo Pochintesta

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...