HomeTerra de LemossanidadeSarria, en nivel alto de restricións tras rexistrar un gran foco familiar

Sarria, en nivel alto de restricións tras rexistrar un gran foco familiar

A incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce.

Publicado o

- Advertisement -

O gromo de Covid-19 detectado no Concello de Sarria con orixe nunha comida familiar celebrada o pasado fin de semana elévase a 28 positivos.

Así o confirmou este venres o director asistencial da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Rafael Monte Secades, que puntualizou que este brote “produciuse no ambiente dunha comida familiar e de amigos que se realizou a fin de semana pasada”.

Segundo comentou, este brote afecta “a xente nova e de mediana idade que non está vacinada”. Con todo, incidiu en que os contaxiados teñen “moi poucos síntomas neste momento”.

Respecto diso, sinalou que por parte da área sanitaria púxose en marcha a “realización de cribados a todos os contactos destas persoas no ambiente de hostalaría e os que frecuentan, con todos os seus coñecidos e persoas achegadas“.

Así mesmo, Rafael Monte resaltou que este gromo “polo momento non está a producir unha repercusión asistencial a nivel de Atención Primaria nin no hospital importante” porque teñen “moi poucos síntomas neste momento”.

Con todo, lembra á poboación a posibilidade de poder realizar “PCR de saliva en farmacias como medida adicional de cribado” para aqueles que queiran. Así, incide en que se trata de “un sistema integrado cos sistemas informáticos do Sergas” e, no caso de aparecer un positivo, o Servizo Galego de Saúde procedería “a tomar as medidas oportunas”.

NIVEL ALTO PARA O CONCELLO DE SARRIA

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na reunión extraordinaria mantida esta mañá, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria. Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións co ánimo de reducir o índice de casos activos. 

Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.  O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...