HomesociedadeO IES A Pinguela recoñece aos mellores expedientes de 2021

O IES A Pinguela recoñece aos mellores expedientes de 2021

Coma todos os anos, despois de finalizar o período lectivo, o IES A Pinguela realizou un acto de recoñecemento ó seu alumnado coas mellores cualificacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Recibiron unha matrícula os alumnos que conseguiron unha media de todas as súas materias a finais de curso superior a 9 (de coche e personalizada). Este ano excepcional alcanzaron esa meta 80 alumnos de todos os niveis que se imparten no centro, case o 20% do total.

Desde o centro aseguran estar moi orgullosos do nivel académico do alumnado e “de comprobar que a excelencia que pretendemos se estende, cada ano máis, por todo o IES A Pinguela. A todos os alumnos de matrícula: ¡Felicidades!!!”

Este curso, ademáis da entrega de premios ó alumnado que resultou gañador dos concursos do Día do Libro (Rodrigo Cortiñas, de 1º ESO) e do Día da Poesía (Gabriela Corral, de 3º ESO) que organizara o departamento de Lingua Española, entregouse un recordo ós que participaron nas Olimpíadas Matemáticas (Daniel Pombo e Uxía Trail) e, coma cada ano, un diploma ós mellores expedientes de cada nivel: 

  • 1º e 2º ESO (Uxía Pumpkin Trail Bates),
  • 3º e 4º ESO (Lucía Rodríguez
    Rodríguez),
  • Bacharelato (triple empate: Clara Varela Méndez, Lucía Varela
    Méndez e Lara Moure Álvarez),
  • FP Básica (Isidro Fernández Santana),
  • Ciclos Medios (Laila Guila Ach Ouch, de Xestión Administrativa)
  • Ciclos Superiores (Damarys Alejandra Hernández Otero, de Administración e Finanzas). 
IES A Pinguela recoñecementos académicos

Este ano excepcional pola pandemia, igual que fixeron o curso anterior
quixeron que o alumnado con mellores cualificacións nas ABAU recibiran un recoñecemento e un recordo personalizado do seu instituto polo esforzo
realizado e o éxito acadado. “Foron uns resultados excelentes para os nosos
alumnos: 10 superaron o 9:000 na parte xeral, e deles 8 conseguiron superar o 13:000: Paula Díaz Álvarez, Nuria Fernández Rodríguez, Marta Lorenzo López, Andrés Martínez Mariño, Lara Moure Álvarez, Cecilia Quiroga Rivas, Clara Varela Méndez , Lucía Varela Méndez, Diego Pérez Rivada e David López Pérez.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...